Pechar Estamos de mudanza tamén aquí. Durante uns días quizais non poidas acceder a todos os teus contidos, sobre todo os privados. Axiña estaremos de volta. Para calquera dúbida mándonos un correo a comunicacion@redenasa.tv
  • Contacto|
  • Axuda|
  • A Sala Nasa|
  • In English

Rede Nasa

  • Camarote
  • Programa de mareas
  • Periscopio
  • Bodega
Entrar no meu camarote
Amosar todo o programa
Mirar polo periscopio
Explorar toda a bodega
Pisando Ovos: Tres

Pisando Ovos: Tres

26 de outubro de 2010 ás 21:12

Subido por RedeNasa
Dentro do xénero Danza
Visto 1077 veces

Interpretación: Janet Novás, Andrea Quintana, Rut Balbís. Dirección: Rut Balbís. Escenografía e iluminación: Afonso Castro. Son: David F. Vieites. Vestiario: Pisando Ovos.

Pisando Ovos é unha compañía de danza contemporánea creada no 2005. A súa primeira obra é N8 0HX, estreada en Vigo no Teatro Ensalle no festival Isto Ferve do ano 2005 e seleccionada pola Rede de teatros e salas Alternativas no 2006. No 2007 estrean dous espectáculos máis: No intre 1800 e 30000, este último coproducido polo Centro Coreográfico Galego e dirixido por Damián Muñoz. No 2008 a compañía recibe o 1º premio no Certamen Coreográfico de Madrid cun extracto da súa peza No intre 1800. Pisando Ovos é compañía residente do Teatro Ensalle de Vigo.

O tema de investigación desta peza é a muller, as mesmas intérpretes. Pero non existe a necesidade de reinvindicar o seu sexo, nen defender ou criticar ningún aspecto social ou histórico da muller, simplemente queren xogar co encontro de tres persoas, de tres mulleres que son condicionadas pola súa sexualidade á vez que das súas experiencias persoais sobre ela. Provocar encontros e desencontros das tres coas súas individualidades e os seus puntos en común. Un mundo por descubrir que se irá abrindo a medida que o proceso avance rescatando historias persoais e outras máis comúns.

Gústalles a 6 camaradas

FUNBOA ESCÉNICAiria pinheiroClaraGayoGippiniArantza VillarMarta Z
Gústame este vídeo!!!
  • Comentarios (0)
  • Playlists en que sae (0)
  • Comparte
Sentímolo pero non podes deixar comentarios se non eres membro da Rede Nasa. Se xa o eres, loguéate e senón crea unha conta.

Non existe ningunha playlist que inclúa este vídeo. Podes engadilo ti a unha das playlists que teñas creases ou crear unha playlist nova.
Crear unha nova playlist.

Díllelo ao mundo

Share

Na túa web

560x315 640x360 960x540

Descarga o arquivo de vídeo

(Mp4, 18Mb) Para ver na túa tv, móbil, ipod,...

Últimos vídeos da bodega

Especial Cachatronic: comeza Amores Prohibidos

Especial Cachatronic: comeza Amores Prohibidos

Subido 20 de abril ás 23:04 por RedeNasa

En Ultrabús cara ao Ultranoiteo

En Ultrabús cara ao Ultranoiteo

Subido 19 de abril ás 13:33 por RedeNasa

Cachatronic: toda a información sobre Amores Prohibidos

Cachatronic: toda a información sobre Amores Prohibidos

Subido 19 de abril ás 13:33 por RedeNasa

Metamovida

Metamovida

Subido 16 de abril ás 17:34 por RedeNasa

Ubu Roa (adeus!)

Ubu Roa (adeus!)

Subido 16 de abril ás 16:11 por RedeNasa

Sala Nasa
  • Contacto
  • Aviso legal
  • Facebook
  • Twitter
A navalla suíza