21 de xuño de 2010 ás 13:57
Subido por RedeNasa
Dentro do xénero Artes plásticas
Coa participación de Nico Nubiola
Visto 694 veces
En Febreiro de 1996 o escultor e escenógrafo catalán Nico Nubiola trouxo á NASA unha instalación mural que viña de presentar en Florencia (Fábrica Europa). Chamábase Mortes Imaxinarias, ocupaba todo a parede dereita da sala, e combinaba a escultura e o debuxo. A parte escultórica estaba composta por unha serie de figuras de látex, os personaxes-fiambre. O debuxo con tiza sobre a parede acababa de definir as figuras e os elementos da súa paisaxe. As escenas representaban o momento da morte de cada personaxe: a estrela de cine, o mariñeiro, o neno, o soldado...
Nico, se chegas a ler isto, felicidades con 14 anos de retraso!! Esta é grandiosidade de Redenasa.tv. Rescatar do esquecemento marabillas coma esta...
24 de xuño de 2010 ás 22:09
Non existe ningunha playlist que inclúa este vídeo. Podes engadilo ti a unha das playlists que teñas creases ou crear unha playlist nova.
Crear unha nova playlist.