30 de decembro de 2011 ás 22:50
Subido por RedeNasa
Gardado en Chévere
Dentro do xénero Teatro, Performance
Etiquetado como 25anoschévere
Coa participación de Xesús Ron, Miguel de Lira, Blanca Cendán, John Eastham, Nicho Varullo, Vicente Mohedano, Quico Lago, Xan Corral, Héctor Pose, Peter Eastham, Lúa, Carlos Mora
Visto 1018 veces
No 2012 cúmprense 25 anos de actividade do Grupo Chévere. Con tal motivo, rescatamos do arquivo este vídeo de hai 20 anos, o acto de clausura deste Congreso-espectáculo de 3 días de duración, que misturaba teatro, música, proxeccións, forzando os límites entre o que é teatro e o que é congreso, entre o que é espectáculo e o que é realidade.
O I Congreso Internacional de Monstros foi unha co-produción dos Encontros Europeos no Camiño de Santiago e desenvolveuse en distintos espazos da cidade, creando a expectativa dun auténtico congreso sobre monstros desde o propio márketing asociado, e no que había iscricións, ponencias e actividades. O acto central foi a clausura do congreso, que tivo lugar no parque do Auditorio de Galicia, mesmo antes da súa inauguración. Alí se deron cita unhas dúas mil persoas en pleno mes de novembro para asistir a un show protagonizado polos monstros que se paseaban entre a xente ou sobre a auga, coa música de Nicho Varullo de fondo e cunhas proxeccións de gran tamaño sobre a fachada do auditorio.
Pois pasádeo aos vosos colegas e ampliade a memoria visual do teatro galego:)
4 de xaneiro ás 17:26
E non podería ser este un bo ano para facer o II Congreso? O que pasa é que os monstros serían doutro estilo, non? Monstros financeiros e económicos.
6 de xaneiro ás 21:57
2012 II Congreso Internacional de Monstros.... a min váleme....
7 de xaneiro ás 20:00
Esta semana morreu Xoán Corral, taberneiro dos de antes en Baamonde-Lugo, que aquí veu colaborar facendo de Sereo da Lagoa, co seu traxe de chaves de ferro, prendendo os fachos no inicio do espectáculo.
24 de xaneiro ás 08:43
veña veña ..... o II Conjreso xa!!! ke monstros temos dabondo...... molariaaaaaaaaa.......
16 de febreiro ás 17:02
Creada por RedeNasa.