15 de decembro de 2010 ás 18:37
Subido por RedeNasa
Gardado en Ultranoite
Dentro do xénero Circo
Coa participación de Pablo Trasno, Manu Lago
Visto 1657 veces
A Sala Nasa remata o ano 2010 cunha Ultranoite que botará unha ollada atrás e repasará os sucesos máis significativos deste ano que xa esmorece. Desta quenda contaremos cos Chévere (como non), Arantza Villar, Mónica García e Pepa Yáñez e Iria Pinheiro, que andan a argallar unha homenaxe á finada A. K. Tamén contaremos cunha mensaxe de Nadal do rei, ou cando menos de alguén que se lle parece, e coa visista das Cándidas Católicas Compostelanas. Non faltarán tampouco os Controladores Anónimos, que virán facer terapia de grupo ao escenario da Nasa. Ademais que veñades á Ultranoite veredes en primicia aos afamados artistas multimedia portugueses "Rui e Nuno, o dúo máis oportuno", que non son outros que Carlos Meixide e Tomás Lijó estreando novos personaxes.
Para ir facendo boca, deixámosvos con este número da Ultranoite Antes do Nadal do ano 2001 dedicado aos nenos de San Ildefonso, con Pablo Trasno e Manu Lago.
Non existe ningunha playlist que inclúa este vídeo. Podes engadilo ti a unha das playlists que teñas creases ou crear unha playlist nova.
Crear unha nova playlist.
Subido 9 de abril ás 15:50 por RedeNasa