Pechar Estamos de mudanza tamén aquí. Durante uns días quizais non poidas acceder a todos os teus contidos, sobre todo os privados. Axiña estaremos de volta. Para calquera dúbida mándonos un correo a comunicacion@redenasa.tv
  • Contacto|
  • Axuda|
  • A Sala Nasa|
  • In English

Rede Nasa

  • Camarote
  • Programa de mareas
  • Periscopio
  • Bodega
Entrar no meu camarote
Amosar todo o programa
Mirar polo periscopio
Explorar toda a bodega
Especial Arte Sonora

Especial Arte Sonora

29 de xuño de 2010 ás 13:18

Subido por RedeNasa
Dentro do xénero Performance
Coa participación de Mercurius Wagen
Visto 858 veces

Como portada deste monográfico semanal sobre arte sonora e músicas experimentais, ofrecemos un documento extraordinario: o concerto completo que o dúo holandés Mercurius Wagen deu na NASA o 30 de Xaneiro de 1996. Un concerto de música espacial desde un espazo pre-tecnolóxico, non computerizado, o espazo do futuro-antigo. Horst Rickels creou un instrumento emparentado co vento e coa percusión: un número considerable de foles (inchadores de praia) dispostos en semicírculo e a dúas alturas para seren percutidos coas mans e cos pés, conectados por tubos de goma a outros tanto tubos de órgano de diferente afinación. Un auténtico flipe sonoro, corporal e metafísico. Esta actuación encadrouse dentro do ciclo Outras Músicas, destinado a presentar a unha serie de artistas sonoros dificilmente clasificables, que desenvolvían un labor de investigación e acción creativa dentro do ámbito da música contemporánea, pero desde unha perspectiva persoal, heterodoxa e non acedémica. Un denominador común a todos eles foi a súa condición de compositor-inventor-construtor-intérprete. Unha mención especial para o noso cámara durante moitos anos, Rafa Xaneiro, que con tanto gusto e sinxeleza ocupouse do rexistro videográfico das actividades da NASA, como neste caso.

Gústalles a 7 camaradas

SokramMON NASAPatricia de LorenzoEstevoGippiniXabier Rxron
Gústame este vídeo!!!
  • Comentarios (3)
  • Playlists en que sae (0)
  • Comparte
Lito

Lito dixo:

Pois sí que son molantes sí.


17 de xuño de 2010 ás 14:15

xron

xron dixo:

Como curiosidade: aquel día houbo na NASA 39 espectadores e recaudáronse 19.000 pts.


30 de xuño de 2010 ás 17:03

Patricia de Lorenzo

Patricia de Lorenzo dixo:

Este concerto foi unha das cousas que máis me fliparon da Nasa. Cousas coma esta foron as que me fixeron pensar "eu quero andar por aquí"


5 de agosto de 2010 ás 17:05

Sentímolo pero non podes deixar comentarios se non eres membro da Rede Nasa. Se xa o eres, loguéate e senón crea unha conta.

Non existe ningunha playlist que inclúa este vídeo. Podes engadilo ti a unha das playlists que teñas creases ou crear unha playlist nova.
Crear unha nova playlist.

Díllelo ao mundo

Share

Na túa web

560x315 640x360 960x540

Descarga o arquivo de vídeo

(Mp4, 493Mb) Para ver na túa tv, móbil, ipod,...

Últimos vídeos da bodega

Especial Cachatronic: comeza Amores Prohibidos

Especial Cachatronic: comeza Amores Prohibidos

Subido 20 de abril ás 23:04 por RedeNasa

En Ultrabús cara ao Ultranoiteo

En Ultrabús cara ao Ultranoiteo

Subido 19 de abril ás 13:33 por RedeNasa

Cachatronic: toda a información sobre Amores Prohibidos

Cachatronic: toda a información sobre Amores Prohibidos

Subido 19 de abril ás 13:33 por RedeNasa

Metamovida

Metamovida

Subido 16 de abril ás 17:34 por RedeNasa

Ubu Roa (adeus!)

Ubu Roa (adeus!)

Subido 16 de abril ás 16:11 por RedeNasa

Sala Nasa
  • Contacto
  • Aviso legal
  • Facebook
  • Twitter
A navalla suíza