26 de agosto de 2011 ás 12:25
Subido por RedeNasa
Gardado en Chévere
Dentro do xénero Teatro
Coa participación de Xesús Ron, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, César Goldi, Natalia Outeiro
Visto 467 veces
Unha vez máis Chévere desubica o teatro dos espacios convencionais. Unha charanga ao estilo de "Bienvenido Mr. Marshall" coa máis alta representación das forzas vivas (Alcalde, folclórica, policía municipal, medios locais e repartidor da sorte) recibe no aeroporto ao visitante número 999.999 da Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte. Os usuarios e traballadores habituais do aeroporto gozan do espectáculo mentres agardan a chegada dos voos, e entre os viaxeiros que chegan serán varios os afortunado que reciban un agasallo para visitar Arousa Norte.
Non existe ningunha playlist que inclúa este vídeo. Podes engadilo ti a unha das playlists que teñas creases ou crear unha playlist nova.
Crear unha nova playlist.