23 de outubro de 2011 ás 13:28
Subido por RedeNasa
Gardado en Chévere
Coa participación de Xesús Ron, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés
Visto 1189 veces
O sábado pola noite entregáronse en Vigo os Premios da Crítica Galicia 2011. Na categoría de artes escénicas e audiovisuais o premio foi para Chévere pola súa obra Citizen, que xusto viña de ser presentada a noite anterior na Mostra de Danza e Teatro Contemporáneo de Ciudad Real, onde obtivo un recoñecimento unánime.
Aquí vai en primicia o momento no que os Chévere recolleron o premio de mans de Comba Campoy e Nerea Valenzuela.
Parabéns a toooooodo Chévere, en especial a Xesús... superdirector!!!!!
23 de outubro de 2011 ás 15:38
Concordo co de superdirector e supercreador... e na Muestra do Circuíto da Rede de Teatros Alternativos tamén concorda todo o mundo. Flipan con estos gallegos!
Así que a arrasar no Temporada Alta a semana que ven, en Girona.
23 de outubro de 2011 ás 21:27
Parabéns.... Merecidísimo.... Unha vez máis, Chévere Grande e sen Complexos!!!!!
23 de outubro de 2011 ás 22:07
E a ver si finalmente podedes vir por Vigo a presentar Citizen que nos estamos agardando. Parabéns a todos.
23 de outubro de 2011 ás 22:12
Xa era hora nen@s.... ALEGROME INFINITO......... como di Xacobe GRANDES e sen complexos ..... milbikos
23 de outubro de 2011 ás 22:44
Que alegría, que forma de arrasar! Así da gusto espertar o domingo. Menuda semanita: o mércores na Mostra de Teatro de Galicia, o venres na Muestra do Circuito de Salas Alternativas e o sábado o Premio da Crítica Galicia 2011!
E aínda por riba nesta semana entrante TRES días con Citizen Completo no prestixiosísimo Temporada Alta de Girona. Que máis se pode pedir!!!!
TALENTAZO!
24 de outubro de 2011 ás 08:55
Noraboa aos meus compañeiros de Chévere polo seu copromiso e por berrar contra as inxustizas. Superorgullosa de acopañarvos!
1 de novembro de 2011 ás 17:58
Parebens Chevere. Bo traballo , e que os teus desexos se cumplan Xesús!
2 de novembro de 2011 ás 21:26
Non existe ningunha playlist que inclúa este vídeo. Podes engadilo ti a unha das playlists que teñas creases ou crear unha playlist nova.
Crear unha nova playlist.