Pechar Estamos de mudanza tamén aquí. Durante uns días quizais non poidas acceder a todos os teus contidos, sobre todo os privados. Axiña estaremos de volta. Para calquera dúbida mándonos un correo a comunicacion@redenasa.tv
  • Contacto|
  • Axuda|
  • A Sala Nasa|
  • In English

Rede Nasa

  • Camarote
  • Programa de mareas
  • Periscopio
  • Bodega
Entrar no meu camarote
Amosar todo o programa
Mirar polo periscopio
Explorar toda a bodega
Acibeche: culebrón de rúa

Acibeche: culebrón de rúa

30 de decembro de 2011 ás 22:50

Subido por RedeNasa
Gardado en Chévere
Dentro do xénero Audiovisuais
Etiquetado como 25anoschévere
Coa participación de Xesús Ron, Miguel de Lira, Blanca Cendán, John Eastham, Vicente Mohedano, Victoria Paz
Visto 946 veces

Este ano que acabamos de estrear, Chévere fai 25 anos, e queremos celebralo recuperando algúns proxectos de tempos pasados. Desta vez, deixámosvos A Vida Rosa / Acibeche, un culebrón ambientado nas rúas de Santiago hai xa máis de 20 anos.

No 1991, Chévere levou á rúa  para divertimento e xuízo público este culebrón que descobre que a vida non é un camiño de rosas. Esta é a vía que percorre Acibeche, unha rapaza dominicana de procedencia humilde, enganada e maltratada pola vida, nunha orgullosa rapaza cuxo amor se disputan Segundo Xoan Paulo, un seminarista de brillante futuro baixo a protección do cardeal Berenguela, e Wolfram J.B., o maleado herdeiro dunha inmensa fortuna. Con Blanca Cendán, John Eastham, Miguel de Lira, Vicente Mohedano e Xron.

En realidade, este foi un proxecto de teatro de rúa para os Encontros Europeos no Camiño de Santiago. Tratábase de simular a gravación dun culebrón televisivo, un formato novidoso e moi de moda naquela altura, nas rúas de Compostela. Con esta disculpa e ao longo de todo un día, sucedíanse as gravacións en distintas localizacións. En cada unha pedíase a participación do público, integrándoo na gravación. A música ambiente era tocada ao vivo por algúns dos músicos que entón tocaban polas rúas da cidade. Contouse coa participación dos castañeiros da Rúa Nova, dos bombeiros, de persoeiros composteláns como Roberto Vidal Bolaño.... E todo remataba nunha escena ás portas da igrexa do Pilar da Alameda, para a que se pediu ao público que viñese vestido de voda (por desgracia, esta escena falta na gravación). Con todo isto, o auténtico espectáculo estaba no que non saía na tele, no que non podemos ver neste vídeo: as probas e ensaios co público, a aparición do "especialista" para substituír ao galán nas escenas de risco, a repetición das tomas pola inoperancia dos actores, os cortes de tráfico, as bromas dos técnicos, a desesperación do director... En fin, eran outros tempos en Compostela.

Gústalles a 11 camaradas

Suso SanmartinFátimaoskar AramburuBorja FernandezArantza VillarMiguel de LiraTomás LijóPatricia de LorenzoEstevo AzañónXabier RPaulis Ghilton
Gústame este vídeo!!!
I Congreso Internacional de Monstros

I Congreso Internacional de Monstros

30 de decembro de 2011 ás 22:50

Acibeche: o video-clip

Acibeche: o video-clip

11 de xaneiro ás 12:13

Chévere en Velaí

Chévere en Velaí

13 de xaneiro ás 20:11

A Conquista de América segundo Chévere

A Conquista de América segundo Chévere

16 de xaneiro ás 22:39

Happening na Facultade de Matemáticas

Happening na Facultade de Matemáticas

20 de xaneiro ás 21:14

Superbad: Chévere no 88

Superbad: Chévere no 88

19 de xaneiro ás 21:41

  • Comentarios (5)
  • Playlists en que sae (1)
  • Comparte
Patricia de Lorenzo

Patricia de Lorenzo dixo:

Que gran traballo de produción!


9 de xaneiro ás 21:46

Patricia de Lorenzo

Patricia de Lorenzo dixo:

E quen gravara e montara este vídeo?


9 de xaneiro ás 21:47

Tomás Lijó

Tomás Lijó dixo:

dios, supersenlleiro, de cando se montarelaba sen computadeiras !!!


10 de xaneiro ás 00:32

xron

xron dixo:

Gravación e edición de Antonio Caeiro, un videomaker todoterreo daqueles tempos


10 de xaneiro ás 16:02

Suso Sanmartin

Suso Sanmartin dixo:

Dou fé porque, junto com outros amigos que também aparecem no vídeo (José Maria Duram Medranho, Manuel Prego...), figem um 'casting' na Porta Faxeira e tivem a fortuna de ser eu o escolhido para interpretar um pequeno papel de "figurante com frase" (tinha que berrar pedindo um táxi) no mesmo local.

Ainda que me vejo perfeitamente entre o público na cena em que o seminarista Segundo Xoan Paulo compra umhas castanhas ao castanheiro na Rua do Vilar [07:24-07:40], nom consigo ver-me na confusa (e montada "a câmara rápida" polo amigo Antón Caeiro) cena em questom. Tam mal o faria? ;-P

Seja como for, quem me dera poder ver-me em accçom! Conservades esses 'brutos' ou nom?


6 de febreiro ás 12:20

Sentímolo pero non podes deixar comentarios se non eres membro da Rede Nasa. Se xa o eres, loguéate e senón crea unha conta.
RedeNasa

25 Anos Chévere

Creada por RedeNasa.

Díllelo ao mundo

Share

Na túa web

560x315 640x360 960x540

Descarga o arquivo de vídeo

(Mp4, 108Mb) Para ver na túa tv, móbil, ipod,...

Ultimos vídeos de Chévere

Citizen, de nomeados a premiados

Citizen, de nomeados a premiados

Subido 3 de abril ás 13:50 por RedeNasa

Presentación de Chévere en Teo

Presentación de Chévere en Teo

Subido 14 de marzo ás 17:47 por RedeNasa

Clásicos por un tubo: Romeo e Xulieta

Clásicos por un tubo: Romeo e Xulieta

Subido 13 de febreiro ás 13:46 por RedeNasa

Sala Nasa
  • Contacto
  • Aviso legal
  • Facebook
  • Twitter
A navalla suíza