4 de xullo de 2011 ás 23:58
Subido por RedeNasa
Visto 665 veces
Este é un vídeo gravado en 1997 cando se estaba facendo a segunda reforma da Nasa, como mostra do enorme traballo que levou facer daquel taller de coches (Talleres Iglesias) o que hoxe é un espazo cultural de referencia. Por aí andan os Chévere (John, Miguel, Xron) traballando de peóns, xunto a algúns tripulantes (Cristina, Xavier). E, por suposto, aí está a cuadrilla de albaneis de Lira e Pepe Guitián rematando os andamios feitos á medida da Nasa. Foron seis meses de botar masa, facer moitos números, pensar en solucións máis baratas, gañarse a vida por aí fóra e falar todo o tempo con arquitectos, contratistas e mesmo políticos. Que tempos!
Que bonitas imaxes, para os que levamos indo pola Nasa tanto tempo son realmente increíbles!!!!!
5 de xullo de 2011 ás 16:05
Non existe ningunha playlist que inclúa este vídeo. Podes engadilo ti a unha das playlists que teñas creases ou crear unha playlist nova.
Crear unha nova playlist.